A importancia dos pictogramas e o pensamento visual.

Un pictograma é un signo icónico debuxado e non lingüístico que representa figurativamente de forma máis ou menos realista un obxeto real ou significado. Debería de ser simple e doado de entender cun solo golpe de vista.

pictos-blog

Os pictogramas poden ser utilizados como sistemas alternativos ou aumentativos de comunicación. As persoas que os utilizan adoitan ter dificultades na comunicación oral e escrita, e utilizan imaxes a modo de palabras para expresar ideas, conceptos, sentimentos etc. Para a persoa que o utiliza debe ser unha forma de interpretar, comprender e transformar a súa realidade en imaxes, e a través de estas, un medio para expresar e transmitir o seu pensamento ao interlocutor.

Esta forma de comunicación é útil sobre todo para persoas con TEA ou ASPERGER, xa que necesitan moita organización no seu día a día e son sobre todo pensadoras visuais, pero non é exclusiva delas. De aí a importancia de que os pais e nais de nenos e nenas con estas dificultades, coñezan o sistema de pictogramas, e o tenten poñer en práctica no seu día a día coa maior constancia posible. Pódese crear unha axenda de pictogramas para que a persoa saiba con antelación o que vai facer ese día, colocar pictogramas pola casa indicando as funcións das accións e obxetos que hai dentro dela, tentar que se faga na clase con axuda do docente responsable da persoa etc. Esto axudará a minimizar a inseguridade e a ansiedade nunha persoa que dificilmente tolera as sorpresas e imprevistos e que necesita saber todo o que vai facer ou pasar con antelación e dunha forma sinxela comprender o que algo significa e poder expresalo.

Para esto debemos entender tamén que significa ser unha pensadora visual, e así poder comprender a súa forma de pensar e de ver o mundo e poder intercomunicarnos mellor.

Un bo recurso para crear pictogramas a ordenador de accións xa existentes ou crear os teus propios e poder imprimilos é http://www.pictotraductor.com/ e un enlace da páxina “autismodiario” para aprender sobre pictogramas é  https://autismodiario.org/2015/03/21/autismo-y-pictogramas/. 

Para achegarnos máis ao pensamento visual, a  mellor autora a quen podemos ler e sobre a que buscar información é Temple Grandin, unha estadounidense con TEA que chegou moi lonxe na súa carreira e se adicou a dar charlas e publicar información de todo tipo sobre este trastorno. O seu libro é Pensando en imágenes sendo un dos máis completos que podemos atopar. Tamén podemos visitar estes enlaces para seguir aprendendo sobre pensamento visual: https://autismodiario.org/2017/02/01/pensamiento-hiper-visual-autismo-influencia-la-comunicacion/ e http://pensandoenimaxes.blogspot.com.es/.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s