DIVERSIDADE FUNCIONAL

cropped-silla-campo1.jpg

Según a OMS este termo, máis coñecido aínda como “discapacidade”, abarca as deficiencias, limitacións da actividade e as restriccións da participación. Problemas que afectan a unha estrutura ou función corporal limitando a actividade na execución de tarefas ou accións e a participación en situacións vitais.

Existen varios niveles según a gravedade e pode ser permanente ou evolucionar ou involucionar de nivel.

Existen catro grandes tipos de diversidade funcional: diversidade intelectual, física, psíquica e sensorial con varios tipos e clasificacións dentro das mesmas.

CAUSAS:

Poden estar ocasionadas por alteracións cromosómicas, por anomalías xenéticas e trastornos metabólicos hereditarios, por enfermedades infecciosas, por traumatismos craneoencefálicos, por alteracións metabólicas…

Pode ter tamén a súa orixe en:

FACTORES SOCIAIS: Pobreza, malnutrición, infeccións antes e despois do nacemento, violencia con posibles traumatismos antes e despois do nacemento, falta de coidados, falta de estimulación…

FACTORES CONDUCTUAIS: Tóxicas como consumo de drogas, alcohol ou tabaco por parte dos pais, inmadurez parental, maltrato, violencia doméstica…

FACTORES EDUCATIVOS: Discapacidade cognitiva dos pais sen contar con apoio, falta de preparación para a paternidade, deficiencia na crianza, falta de axudas familiares…

Polo tanto poden ser a consecuencia dun problema que comeza antes de que o neno nazca ata que chega aos 18 anos de idade ou durante o parto ou postparto. A causa pode ser unha lesión, enfermidade ou problema no cerebro e en moitos casos ata se descoñece.

Diversidade intelectual.

É unha anomalía no proceso de aprendizaxe entendida como a adquisición lenta e incompleta das habilidades cognitivas durante o desenvolvemento humano que conduce a limitacións sustanciales no desenvolvemento corrente.

Caracterízase por un funcionamento intelectual moi variable que ten lugar xunto a circunstancias asociadas en dous ou máis habilidades adaptativas como comunicación, coidado persoal, habilidades sociais etc.

A diversidade funcional intelectual afecta ao redor do 1 ao 3% da poboación. Existen moitas causas pero os médicos atopan unha razón específica en tan só o 25% dos casos.

Algúns SIGNOS da discapacidade intelectual nos nenos son:

-Sentanse, gatean ou camiñan bastante máis tarde do normal.

-Aprenden a falar máis tarde ou teñen problemas para facelo.

-Teñen dificultade para lembrar as cousas.

-Teñen problemas para entender as reglas sociais.

-Non ven as consecuencias das súas accións nin teñen capacidade para resolver problemas

Diversidade física.

Como se dixo antes, é un termo alternativo ao de discapacidade que comezou a utilizarse en España por iniciativa dos propios afectados. O termo foi proposto no Foro de Vida Independiente en xaneiro de 2005.

Nos textos xurídicos persisten os termos como incapacitación, incapacidade, invalidez, minusvalía e dependencia. Todos eles resaltan o lado negativo dunha realidade humana.

Esta diversidade afecta á condición física da persoa e non á intelectual ou mental.

TIPOS: Lesión medular, esclerosis múltiple, paralisis cerebral, párkinson, espina bífida, distonía muscular, acondroplasia, albinismo…

Diversidade sensorial.

Dentro de esta categoría, atopamos a discapacidade visual, auditiva e outros tipos de discapacidades relacionadas coa disminución dalgúns sentidos.

Hai persoas con diversidade multisensorial que significa que están afectadas pola disminuciónou perda total de dous ou máis sentidos.

Diversidade psíquica.

Non debe confundirse coa discapacidade mental xa que esta afecta a áreas como a comunicación ou as habilidades sociais pero non á intelixencia, polo tanto afecta máis que nada ao comportamento adaptativo. Trastornos como a esquizofrenia, a depresión ou o trastorno bipolar son as causantes de esta diversidade.