TEA

O Trastorno do Espectro Autista defínese como unha alteración dalgunas funcións do sistema nerviso central que xera unhas necesidades de tratamento específico e xeralizado. Moitas investigacións sosteñen a súa orixe biolóxica.

O autismo é unha condición que afecta na persoa no modo en que ve o mundo, procesa a información e actúa con outras persoas, polo tanto, os ámbitos de desenvolvemento que se ven afectados son: interacción social, linguaxe, comunicación e pensamento.

Aínda que un grupo de persoas con TEA teñen dificultades de aprendizaxe, outro grupo ten capacidades intelectuais iguais ou superiores á media.

ASPERGER

O sídrome de Asperger é un conxunto de características mentais e conductuais que forman parte do Trastorno do Espectro Autista e que se atopa dentro dos trastornos xeralizados do desenvolvemento.

A persoa afectada amosa dificultades, de gravedade variable, na interacción social e na comunicación, así como intereses e actividades en áreas que adoitan ser moi restrinxidas.

Causas:

A aparición de estes trastornos e outros como a hiperactividade, o obsesivo compulsivo etc aumentan cada día máis, e os profesionais aínda non teñen claro as causas pero si que poden ser diversas e estar directamente relacionadas con factores ambientais, biolóxicos e xenéticos.  Nesta páxina atopamos unha explicación máis clara e amplia relacionada coas causas e moita máis información sobre este trastorno:

https://autismodiario.org/2011/06/26/causas-del-autismo-despejando-incognitas/

Diagnóstico:

Os rapaces diagnosticados con autismo teñen problemas con:

-Interaccion social

-Comunicación verbal y no verbal

-Comportamentos o intereses repetitivos

Os bebés non se deixan mimar, evitan o contacto visual e non parecen querer ou necesitar afecto ou contacto físico, algo que pode ser moi frustrante para os familiares. A medida que medran adoitan ter respostas inusuais a experiencias sensoriais e non seguen os patróns típicos do desenvolvemento infantil, e sempre existen diferentes niveis de gravedade respecto a isto. Ao redor do 10% dos nenos con autismo adoita ter unha capacidade nalgunha área como matemáticas, música ou arte.

Para realizar o diagnóstico, os profesionais observan os comportamentos específicos. Algúns destes comportamentos son obvios nos primeiros anos de vida, ou poden aparecer ao longo dos primeiros anos. O rapaz debe ter problemas polo menos nunha destas áreas: comunicación, sociabilización ou comportamento restrinxido antes dos 3 anos. Normalmente o diagnóstico ten dúas etapas, a primeira de observación do desenvolvemento dos exames físicos infantís e a segunda que involucra unha evaluación exhaustiva por parte dun equipo multidisciplinario.

Anuncios